Socios

Socios de pleno dereito

Ser parte do Fondo Galego como entidade socia obriga aos concellos e as deputacións adheridas a nomear unha/un representante política/o e unha/un representante técnica/o, para conectar a súa entidade á Rede Municipalista Solidaria, a estrutura de organización coa que o Fondo Galego impulsa unha cultura de Dereitos Humanos desde o local, con actividades de sensibilización social e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

A segunda obriga para ser socio de pleno dereito do Fondo Galego é participar do sistema de cotas mínimas, unha cantidade económica resultante dunha fórmula matemática en función do número de habitantes que, ademais de posibilitar a realización de proxectos no exterior, permite ofrecer actividades de sensibilización ás entidades socias.

Este mecanismo procura ser unha fórmula incluínte para que todas as administracións locais galegas enchan de sentido a democracia municipal, tendo acceso aos recursos educativos en rede do Fondo (para os centros de ensino, para as casas da cultura, para as dependencias municipais), ao tempo que o conxunto das achegas, grao a grao, impulsa á financiación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur.

Cómpre salientar que, desde unha aposta política por unha cultura do local con contido, moitas administracións socias aumentan significativamente a súa cota mínima. Destaca neste senso o papel das cidades e das deputacións na reprodución social do Fondo Galego por todo o país.

As representacións políticas presentes no listado de socios revisaranse tras as eleccións do 26 de maio de 2019.
 

  Institución   Representación política Cota 2019
Concello da Coruña Rocío Fraga Sáenz 10.008,60 €
Concello da Estrada Amalia Goldar Cora 1.649,80 €
Concello da Guarda Teresa Vicente Baz 978,47 €
Concello da Laracha María del Rocío López Rey 1.024,87 €
Concello da Pastoriza Elva Carrera González 370,35 €
Concello da Pobra de Trives Octavio Domínguez Rodríguez 267,89 €
Concello da Pobra do Caramiñal Miguel Alemancos Sobrido 749,87 €
Concello das Neves Óscar González Álvarez 397,94 €
Concello das Pontes  Jesús Tembrás Martínez 986,53 €
Concello de Abegondo Gustavo Manuel Quindimil Gómez 619,98 €
Concello de Alfoz Jorge Val Díaz 255,98 €
Concello de Allariz Francisco García Suárez 641,63 €
Concello de Ames Luísa Feijoo Montero 2.032,01 €
Concello de Arteixo Inés Ramos Álvarez. Suplente: Dona Ana Bello Vázquez 2.055,01 €
Concello de Barro Xosé Manuel Fernández Abraldes 392,13 €
Concello de Bergondo María Begoña Calviño Dorado 657,87 €
Concello de Betanzos María Barral Varela 1.082,98 €
Concello de Boiro Carmen Beatriz Deus Míguez 1.440,38 €
Concello de Brión Yolanda Bouzas Alfonsín 695,68 €
Concello de Bueu Silvia Carballo González 1.055,33 €
Concello de Burela Angélica Gómez Sánchez 755,68 €
Concello de Cabana de Bergantiños José Muíño Domínguez 412,62 €
Concello de Cabanas Germán Castrillón Permui 378,99 €
Concello de Caldas de Reis María López Buceta e María Inés Fuentes Vidal 765,38 €
Concello de Cambados Tino Cordal 1.115,30 €
Concello de Cambre Juan Evaristo Rodríguez Vázquez 1.791,71 €
Concello de Carballo Maica Ures García 2.029,78 €
Concello de Cariño María José Fraguela López 399,69 €
Concello de Cartelle Daniel Fernández Carril 285,22 €
Concello de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez 243,54 €
Concello de Castroverde Remigio Lence Pallín 286,28 €
Concello de Corcubión María Manuela Fernández Louro 250,07 €
Concello de Covelo María Soledad González Arjones 277,76 €
Concello de Culleredo María Guadalupe Pombo Carril 1.993,96 €
Concello de Cuntis Manuel Campos Velay 424,93 €
Concello de Dumbría José Manuel Pequeño Castro 369,82 €
Concello de Fene Joaquín Julián Ayala Garrido 3.010,86 €
Concello de Ferrol Beatriz Sestayo Doce 3.454,76 €
Concello de Gondomar Juan Francisco Ferreira González 1.130,50 €
Concello de Guitiriz Laura Ageitos Miragaya 621,67 €
Concello de Laxe Ricardo Facal Castiñeira 371,27 €
Concello de Lousame Silvia Agrafojo Filgueira 381,24 €
Concello de Lugo Ana María González Abelleira 4.578,90 €
Concello de Malpica de Bergantiños Eduardo José Parga Veiga 619,75 €
Concello de Manzaneda David Rodríguez Estévez 227,37 €
Concello de Miño Ricardo A. M. Sánchez Oroza 639,85 €
Concello de Moaña María Ortega Iñarrea 1.462,13 €
Concello de Moeche Iria Couce Rego 220,46 €
Concello de Monfero Alberto Cortizas Rejo 244,75 €
Concello de Monforte de Lemos Gloria María Prada Rodríguez 1.431,56 €
Concello de Moraña María Luisa Piñeiro Arcos 408,10 €
Concello de Mugardos Begoña Roldós Iglesias 615,13 €
Concello de Muros María Xosé Alfonso Torres 726,94 €
Concello de Narón Catalina María García Blanco 2.320,10 €
Concello de Nigrán Juan Antonio González Pérez 2.500,00 €
Concello de Noia María de la O López Cierto 1.131,76 €
Concello de Oímbra Ana María Villarino Pardo 256,28 €
Concello de Oleiros Margarita Figueroa Vázquez 2.186,12 €
Concello de Ourense Sofía Godoy Gómez-Franqueira 4.992,18 €
Concello de Outes María Beatriz Molinos Vidal 651,60 €
Concello de Poio Rosa Fernández González 1.374,65 €
Concello de Ponteareas Cristina Fernández Dávila 1.728,74 €
Concello de Pontecesures María Isabel Castro Barreiro 369,72 €
Concello de Pontedeume Raquel Caruncho Corral 700,17 €
Concello de Pontevedra María Carmen Fouces Díaz 15.000,00 €
Concello de Porto do Son José Luis Oujo Pouso.  745,02 €
Concello de Ramirás Juan Carlos Rodríguez Matías  248,82 €
Concello de Redondela Teresa París 1.956,98 €
Concello de Rianxo Adolfo F. Muíños Sánchez 1.017,74 €
Concello de Riotorto Manuel Rivas Bouza 239,42 €
Concello de Riveira Esther Patiño Rey 1.880,41 €
Concello de Rodeiro Ana Belén Calvo Mariño 280,80 €
Concello de Sada Óscar Benito Portela Fernández 1.319,82 €
Concello de San Cibrao de Viñas Ana María Moreiras Vázquez 613,22 €
Concello de San Sadurniño Ana Belén Breijo Gundín 500,00 €
Concello de Sandiás Felipe Traveso García 238,03 €
Concello de Santiago de Compostela Concepción Fernández Fernández 4.520,58 €
Concello de Sarria Efrén Castro Caloto 1.098,42 €
Concello de Silleda María del Pilar Peón Iglesias 727,03 €
Concello de Soutomaior María Dolores Cernadas García 681,07 €
Concello de Teo Xosé Ignacio Iglesias Villar 1.102,70 €
Concello de Tomiño Cristina Martínez 1.112,64 €
Concello de Triacastela Olga Iglesias Fontal 219,22 €
Concello de Valga José María Bello Maneiro 635,59 €
Concello de Verea Antonio Domínguez Rodríguez 228,79 €
Concello de Verín José Luís Martín Domínguez 1.115,41 €
Concello de Viana do Bolo Secundino Fernández Fernández 147,91 €
Concello de Vilagarcía de Arousa Tania García Sanmartín 2.256,68 €
Concello de Vilar de Santos Antonio Míguez Nogueiras 225,36 €
Concello de Vilardevós Manuel Cardoso Pérez 261,10 €
Concello de Vilasantar Fernando Pérez Fernández 238,43 €
Concello de Viveiro Isabel Rodríguez López 1.320,36 €
Concello de Xove Cristina Iglesias Guerreiro 378,86 €
Concello do Barco de Valdeorras Orlando Saavedra Cantillana 1.102,67 €
Concello do Irixo Manuel Cerdeira Lorenzo 246,74 €
Concello do Porriño Eva García de la Torre 1.472,64 €
Concello do Valadouro María Mon Geada 264,13 €
Deputación da Coruña Goretti Sanmartín Rei 14.400,00 €
Deputación de Lugo Álvaro Santos Ramos 12.000,00 €
Deputación de Pontevedra Digna Rosa Rivas Gómez 14.400,00 €