A FUXIDA CARA A ESPERANZA
Descrición:
Este ciclo de cine afonda sobre o drama da migración dende a perspectiva das propias persoas inmigrantes. A separación da familia, das amizades, das costumes que lle son propias, do seu país, do seu fogar... e todo por perseguir o soño dunha vida mellor, máis digna e chea de esperanza. Así mesmo, afóndase tamén nas problemáticas que sofren as e os inmigrantes nos países receptores, como a explotación, os prexuizos, a intolerancia e a incomprensión. O ciclo ten como obxectivo achegarnos a unha postura tolerante e repectuosa ante o fenómeno da inmigración dende os países do sur e facernos reflexionar porque determinados pobos se ven obrigados ao exilio e o rol que xogan os países do norte neste proceso.
Idades recomendadas:
A partir de 15 anos.
Ocasións interesantes para realizar a actividade:
- 21 de marzo: Día Mundial pola erradicación da discriminación racial
- 21 de maio: Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o entendemento
- 16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
- 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos
- 18 de decembro: Día Mundias das persoas migrantes
Películas:
 |
14 Kilómetros
(Director Gerardo Olivares. 2007. 94 minutos)
14 quilómetros é a distancia que separa África de Europa... É a barreira que separa os soños de millóns de persoas que ven en Occidente a súa única saída para escapar da miseria. Da man de Violeta, Buba e Mukela recorremos unha longa e perigosa viaxe a través do Sáhara, para coñecer o que nunca ensinan os medios de comunicación. Esta película quere aportar un pouco de luz ás sombras da inmigración. |
 |
Nun un mundo libre
(Ken Loach. 2007. 94 minutos)
Angie non recibiu unha educación demasiado esmerada, pero está chea de enerxía, enxeño e ambición. Non é a primeira vez que queda sen traballo, pero agora intenta refacerse e demostrar o que vale. Ela e Rose, a súa compañeira de piso, deciden ser as súas propias xefas, e abren unha axencia de traballo temporal para traballadoras/es inmigrantes que actúa nun mundo inestable no que o traballo é barato e as leis só serven para ser ignoradas. |
 |
Persépolis
(Vincent Paronnaud e Marjane Satrapi. 2007. 95 minutos)
Persépolis é a conmovedora historia dunha moza que cre no Irán da Revolución Islámica. A través dos ollos de Marjane, unha precoz e aberta nena de nove anos, vemos as esperanzas dun pobo rotas ao tomar os fundamentalistas o poder. Os pais de Marjane toman a difícil decisión de enviala a unha escola en Austria. Vulnerable e soa nun país estraño, resiste os malos tragos típicos dunha adolescente mentres combate o feito de ser equiparada co fundamentalismo relixioso e o extremismo dos que tivo que fuxir. A aventura pola vida de Marjane acaba de comezar. |
 |
Wandiyà
(Germán Reyes. 2006. 50 minutos)
Documental rodado en Senegal e Cataluña no marco do proxecto Migracións e Desenvolvemento Local (MIDEL). É unha mirada orixinal sobre a realidade da inmigración aquí e alá, que presenta as auténticas facetas da inmigración: os soños que son vinculantes, os dramas familiares que xera e as aventuras e desventuras da xuventude, de todo un continente, expulsada cara ao exilio pola falta de esperanza. É tamén un compendio de historias vitais que narran as contradicións dunha sociedade africana atrapada nun dilema de difícil solución: o respecto de certos valores tradicionais representados pola familia e as presións dunha modernidade mal entendida. |
Actividade complementaria:
Este ciclo pode ser complementado coa exposición “A Paz cuestión de Fondo” ou “Influír no global dende o local” (ambas contan con unidades didácticas), solicitándoas directamente ao Fondo Galego, así como por unha conferencia dalgunha ONG de traballo con inmigrantes. Contactar neste caso coa Coordinadora Galega de ONGD .